Arte urbana lucense
Install Now
Arte urbana lucense
Arte urbana lucense

Arte urbana lucense

Explore the map delve into the neighborhoods and be surprised by Lugos urban art

Developer: IES Ánxel Fole
App Size:
Release Date: Jan 27, 2023
Price: Free
Price
Free
Size

Screenshots for App

Mobile
Arte urbana lucense é unha app en galego que recolle fichas de catalogación de recursos de arte urbana da cidade de Lugo, entendendo a expresión "arte urbana" en sentido amplo, isto é, como denominación xenérica que engloba distintas manifestacións artísticas de rúa. Tendo en conta o propósito esencialmente didáctico do traballo, desenvolvido no IES Ánxel Fole de Lugo, así como o propio carácter efémero da meirande parte das obras de arte urbana, o catálogo non quere nin pode ser definitivo, mais coidamos que resulta representativo da diversidade de mostras que atesoura a cidade.

En cada ficha de catalogación atoparás os seguintes datos:
― Denominación. Se a obra ten título outorgado polo autor/a, faise constar ese; se carece del, dáselle un nome que permita a súa identificación.
― Fotografía. Achéganse unha ou, excepcionalmente, varias imaxes, con planos, encadres e composicións ao criterio da persoa catalogadora.
― Tipo de ben. Aínda que a arte urbana integra gran variedade de recursos, as obras aquí catalogadas pertencen a algunha destas tres categorías fundamentais: graffiti, mural e lettering. Especialmente controvertida semella a diferenciación entre graffiti e mural; nós resolvemos guiarnos por estes tres criterios, que, con todo, non sempre resultan de doada aplicación:
• Graffiti: sen autorización; de carácter social ou político, e con intención reivindicativa, satírica, de protesta, etc.; forma de ocio para o seu autor/a.
• Mural: con autorización ou mesmo por encargo; de carácter decorativo ou con función didáctica ou publicitaria; profesión para o seu autor/a.
― Autoría. Cando procede e é posible, especifícanse o alcume e mais o nome propio do autor/a. Un número importante de bens está asinado por colectivos ou asociacións.
― Data de creación. Consígnase o ano de realización da obra, se se coñece.
― Data de rexistro. Sinálanse o día, o mes e o ano en que se fotografía o recurso.
― Enderezo. Indícanse o nome do edificio (se procede), a rúa e o número en que se sitúa o ben; se este se atopa nun lugar menos definido, achégase a maior cantidade posible de datos sobre el.
― Coordenadas GPS. Precísanse a latitude e a lonxitude. O botón "Como chegar" permite trazar a ruta que conduce ata a obra.
― Descrición. É o apartado máis extenso e inclúe distintas informacións sobre o recurso, que poden variar en función das características de cada manifestación artística concreta: motivo reproducido; material, técnica e estilo empregados; significación ou finalidade, etc.

E agora chegou o momento de pasear e localizar mostras de arte urbana. Comeza a percorrer o teu barrio ou outros máis afastados, déixate seducir polo poder evocador das palabras e das imaxes que saian ao teu encontro, experimenta a emoción estética, imprégnate do espírito crítico e transgresor... e goza con cada descuberta!

Se detectas calquera erro ou queres facer unha suxestión ou consulta, non dubides en escribirnos a [email protected]. Tamén podes seguirnos en A fala do Fole:
― Blog: http://afaladofole.blogspot.com/.
― Facebook: https://www.facebook.com/afaladofole.
― Instagram: https://www.instagram.com/afaladofole/.

Esta aplicación baséase na publicación Arte urbana lucense. Fichas de catalogación (cunha versión dixital ―https://es.calameo.com/books/0069808196c3adc7fb803― e outra impresa). Ambos os dous produtos foron creados ao abeiro do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, Plan Proxecta + da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. No proxecto participaron alumnado (dende 2.º ESO ata 1.º BAC) e profesorado do IES Ánxel Fole de Lugo:
― Profesora coordinadora: Ana Rodríguez Barreiro.
― Outro profesorado: Paula Fernández Fulgencio, Raquel González Suso, Nieves María Martínez Vázquez, Francisco Xabier Molinos Campos, José Ramón Negro Varela, Alicia Puchades Tella-Villamarín e Lines Salgado Iglesias.
Show More
Show Less
More Information about: Arte urbana lucense
Price: Free
Version: 3.0
Downloads: 50
Compatibility: Android 2.1
Bundle Id: appinventor.ai_nievesmariadelavega.Arte_urbana_lucense_V1_7
Size:
Last Update: Jan 27, 2023
Content Rating: Everyone
Release Date: Jan 27, 2023
Content Rating: Everyone
Developer: IES Ánxel Fole


Whatsapp
Vkontakte
Telegram
Reddit
Pinterest
Linkedin
Hide