Aquí e Agora. A radio da xente wapa
Install Now
Aquí e Agora. A radio da xente wapa
Aquí e Agora. A radio da xente wapa

Aquí e Agora. A radio da xente wapa

Galician and Galician radio project that navigates in digital broadcast formats.

App Size: 7.8M
Release Date: Feb 23, 2019
Price: Free
Price
Free
Size
7.8M

Screenshots for App

Mobile
Quen somos?

Somos a xente da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña.

Levamos dende 1976 facendo cousas pola cultura e a língua do noso país, traballando por acadarmos unha Galiza plena.

Facemos un lote de cousas do máis variadas, xa ves, agora deunos por iniciar esta aventura radiofónica, pero moi importante, queremos contar contigo!

Que somos?

Somos un proxecto de radio galega e en galego non profesional, que nace do activismo cultural militante de base para navegar polos novos formatos de difusión dixital.

Un programiña alegre e combativo que aspira acadar semanalmente a túa complicidade para pasarmos xunt@s un tempo feliz. Aspiramos a medrar contigo, a crecer en contidos, seccións e colaboracións.

Canta máis xente sexamos, mellor o imos pasar!

Que non somos?

Non somos un medio de comunicación como tal. Non facemos xornalismo, nin é a nosa intención.

Na Galiza dispoñemos dun amplo, plural e diverso panorama mediático que respira democracia e transparencia por todos os poros da súa pel.

A maiores temos a sorte e o orgullo de contar coa TVG e a Radio Galega, medios públicos obxetivos e veraces, alonxados de calquera traza de manipulación informativa.

Ademais, a radiotele dos fachas pon en valor e prestixia socialmente ao noso idioma e á nosa cultura, especialmente entre as xeracións máis novas.

Onde estamos?

Habitamos na galaxia de Pucho Boedo e David Bowie, compartimos vecindario con Simone de Beauvoir e Manuel Antonio.

No mundo terrenal andamos pola rúa dos olmos 16-18, sede da Agrupación Alexandre Bóveda da Coruña, aínda que che vai resultar máis doado dar con nós nalgún dos bares e tascas da zona.

Sempre na mesa do fondo!
Show More
Show Less
More Information about: Aquí e Agora. A radio da xente wapa
Price: Free
Version: 1.0
Downloads: 10
Compatibility: Android 4.1 and up
Bundle Id: com.wAquieAgora_8632461
Size: 7.8M
Last Update: Feb 23, 2019
Content Rating: Everyone
Release Date: Feb 23, 2019
Content Rating: Everyone
Developer: Aquí e Agora. A radio da xente wapa!


Whatsapp
Vkontakte
Telegram
Reddit
Pinterest
Linkedin
Hide